España gáñalle cunha manciña a Eslovaquia

Ninguén podía imaxinar que a selección de fútbol eslovaca ía ser tan feble. Apenas opuxeron resistencia ante un combinado español que estivo sensacional, sobre todo durante a primeira metade. O Vicente Calderón estaba repleto de xente para ve-lo partido.
Nada máis comezar, nun saque de córner efectuado por Xavi, Luis García remata ó fondo das mallas cun excepcional testarazo. Dez minutos máis tarde, un exquisito pase de Xavi por riba da defensa, é recollido co peito por Luis García, quen sen deixar cae-lo balón, bate de disparo cruzado ó gardameta eslovaco... Unha primeira parte na que o dominio foi ibérico, e no que a calidade eslovaca en defensa deixaba moito que desexar...
A segunda metade comezou con susto... Un pase a Casillas de Luis García é interceptado por Nemeth, quen envía o balón á rede... Cun 2-1, a selección iría moi presionada a Eslovaquia, e non podería apenas respirar... Pero no minuto 65, tras un errado remate de Luis García, Kratochvil parece rebasa-lo balón coa mao, aínda que a xogada é máis que dubidosa. O árbitro decreta penalti, transformado por Torres. De novo, tranquilidade... Pero Luis García era o home do partido, e tiña que rematar con hat-trick, e tras unha xenial xogada de Vicente (que saiu na segunda metade no canto de Reyes), o centro deste é rematado por Luis García co tacón. 4-1. Eliminatoria sentenciada. Pero habería tempo para un quinto que alzara a manciña... A dez minutos do final, Vicente realiza outro dos seus fantásticos centros, rematado de xeito soberbio por Morientes (recambio do ovacionado Luis García)... En fin, cabe destacar que Luis García é un crack inesperado, pero este rapaz catalán está triunfando na Premier League, e non é de estranar...
Supoño que con este resultado deberemos estar en Alemaña... Pero, para unha vez que xogan ben, tampouco imos tirar cohetes... O bo faise esperar...
0 comentarios